a Previa
Temos moitas ganas de vervos e comezar a tempada 2021 convosco.
Abrimos a tempada o 1 de abril e estaremos abertos as fines de semana. Xantares de sábados e domingos sen presa.
Coa capacidade reducida, coidando a distancia de seguridade e tódalas medidas para que todo volte á normalidade o antes posible.
Co motivo da apertura e as poucas prazas o Loxe Mareiro continúa coa súa esencia máis que nunca.
Ofrece un único menú sen a posibilidade de carta.
O noso menú Arousa (ou como comerse a ría) é un paseo pola ría. Un menú degustación baseado en produtos locais e de proximidade.
O prezo é de 60 € por persoa con IVE incluído. Non inclúe bebidas. Unha vez ali, teremos a posibilidade de aumentar este menú cos nosos mariscos, podendo así facer un aperitivo na terraza.
Cando reserves unha mesa no Loxe, gardamos unha mesa na terraza para tomar o aperitivo e a sobremesa. "Todo comeza e remata non mar". E tamén a réplica desa mesa no comedor para gozar do xantar.
Un paseo pola nosa casa, que ese día será a túa.