RESERVAR “UN PASEO POR AROUSA”

A versión máis completa do LOXE onde reservamos para ti dúas mesas; unha na terraza e a súa réplica no comedor interior para que todo comece e remate no mar.

Este ano quixemos achegarnos aínda máis ó mar se cabe.

Un paseo pola Ría achegando todo o que vemos a través das nosas fiestras; os produtos e produtores locáis do xeito máis honesto e espido posible. Ás veces directamente á mesa, sen contemplacións.

Podemos comer Á CARTA, baseada únicamente no Mar: pezas grandes de peixe e mariscos. Ou probar o noso menú para este ano.

O noso MENÚ AROUSA (ou como comerse a ría) é un paseo pola costa; un menú degustación basseado en produtos de proximidade.

O prezo son 60 € por persoa ( ive inc.). Non inclúa bebidas. Neste día teremos a posibilidade de aumentar este menú cos mariscos do día, podendo así facer un aperitivo na terraza e vivir a experiencia completa (caixa de marisco: + 20 €).

En todos os casos, todo comeza e remata non mar.

A dispoñibilidade horaria obriga á chegada da mesma pola xestión de aforo.

* Ollo! Do 5 de Setembro ao 5 de Octubre: só opción de menú.